Saltar ao contido

O CSIC en Galicia participa na Semana da Ciencia con actividades para o público xeral e escolar

Novembro 17, 2009

- Persoal do Consello e do CESGA manteñen encontros con alumnos/as dende primaria ata bacharelato en centros de ensinanza das catro provincias galegas. A actividade, que leva por título “Exper-i-Ciencia”, vai camiño da súa cuarta edición e está organizada pola Delegación do CSIC en Galicia. Está financiada pola Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria (Xunta de Galicia). En total, faranse máis de 40 encontros e chegarase a máis de 2.500 alumnos/as.

- En Santiago o Laboratorio de Patrimonio do CSIC (Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento) celebra dende o 10 ata o 30 de novembro “Arqueocampo”, actividade na que os asistentes (público xeral e escolares) experimentan todas as fases do traballo arqueolóxico. Financiado pola FECYT. Máis información no enderezo electrónico martina.gonzalez@iegps.csic.es

- O sábado, 21 de novembro, ás 20.00 horas na sede da Fundación Barrié en Vigo presentarase o proxecto “Contos e Coplas de Estrelas”, inciativa da Delegación do CSIC en Galicia e da Universidade de Vigo co apoio da Radio Galega. O proxecto inclúe a traducción ao galego do libro “Cuentos de Estrellas” e un cd con coplas tradicionais galegas, así como o concerto de presentación do material. A actividade está financiada pola Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria (Xunta de Galicia).

- O Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC, Santiago) celebra estes días obradoiros sobre o solo e as plantas para máis de 70 nenos de primaria do CEIP Pío XII. O título da actividade é Biodiversión.

- A pasada semana (2-9 de novembro) Antonio de Ron, o profesor de investigación do CSIC, impartiu unha charla na Coruña sobre a evolución da investigación e científicos do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas realizaron “Obradoiros de ciencia mariña” no Mercado do Progreso para o público xeral.  Os obradoiros estiveron organizados polo IIM (CSIC) e financiados pola Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

Máis información destas actividades na páxina web http://www.delegacion.galicia.csic.es

 

Aínda sen comentarios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.